lunes, 8 de abril de 2024

martes, 2 de abril de 2024

PARABÉNS IZAN

Hoxe é o aniversario de Izan e celebrámolo na aula con todos os seus amigos e amigas.

Parabéns polos teus 5 anos!

                                           


lunes, 25 de marzo de 2024

Segundo trimestre rematado!

 Despois de moitas voltas por Oceanía a nosa viaxe neste continente chega a súa fin. Aprendimos moitas cousas, dende a súa bandeira ata a Ópera de Sydney pasando por: Samoa, o pobo de Nova Zelanda co nome máis longo do mundo, os seus animais máis coñecidos, o Uluru que cambia de cor, o timtam, etc.


Toca despedir o trimestre e desexarvos unha boa semana! Vémonos á volta

lunes, 11 de marzo de 2024

viernes, 1 de marzo de 2024

Bumerán e tim tam

Nestes días non paramos de coñecer cousas novas de Oceanía: 
    - As casa de madeira "Fales" de Samoa, oxalá tivesemos unha así! 
    - Os bumerán que usaban os aborixes australianos. Fixemos o noso propio! 
    - Tim tam! un postre típico con moito chocolate! Delicioso!

ASIA!!

 Collemos as maletas e ímonos a... ASIA!!! Despois dunha votación o continente asiático foi o elixido!