viernes, 28 de abril de 2023

PATACAS, MILLO E AGUACATES!!!

 Hoxe coñecimos tres alimentos que Cristobal Colón trouxo de América: patacas, millo e aguacates!

Puxémonos "patacas a obra" e decoramos os barcos de Colón estampando moreas de cores!

Despois de tanto traballo fixemos unhas pompas de millo para  recobrar as forzas! Algúns atrevéronse a probar o aguacate con opinións diversas... triunfou máis o millo!



miércoles, 26 de abril de 2023

CHEGOU COLÓN!!

Onte apareceron nas clases os tres barcos de Cristobal Colón!!! A nosa viaxe so acaba de empezar!!
 Para elo necesitamos ter sempre o noso pasaporte preparado!

Botádelle un ollo a nosa primeira viaxe con Cristobal Colón... non tardamos moito en gritar: Terra á vistaaa!
 
E se queredes volver ver a biografía de Cristobal Colón que vimos na clase, aquí a tedes!



viernes, 21 de abril de 2023

APÍPOLIS

Empezamos o último trimestre con excursión a Apípolis! A viaxe foi algo longa pero mereceu a pena! Non soamente nos vestimos de apicultores profesionais senon tamén fixemos galletas, velas e coñecimos toda a importancia que teñen as abellas no mundo!
Botádelle un ollo ao ben que o pasamos!

OLA PAPOULA!

Esta semana aproveitamos o bo tempo para merendar no patio en plantar unhas sementes de papoula. Toca regalas e esperar que medren!

ANIVERSARIO RAÚL E CRISTIAN

Parabéns Raúl e Cristian! Pouco a pouco empezamos a cumprir tod@s 4 anos!



Conto "O koala a quen axudaban"

Como remate da nosa viaxe polo continente de Oceanía, os peques inventaron un conto no que aparecen algunhas das cousas que descubriron del....