viernes, 27 de octubre de 2023

HUMBERSTONE!!!

 Benvidos a Humberstone!!!!!!! Despedimos Chile visitando o pobo pantasma e merendando unha xelatina pantasmal!




Xa coñecemos Chile!!!

 Estas semanas estivemos aprendendo moitas cousas de Chile! 

- A súa comida típica: empanada de pino e chumbeque.

- As cores da súa bandeira.

- Tocamos a zampoña, un dos intrumentos de vento máis típicos da zona.

- Viaxamos ata a illa de Pascua para coñecer os moáis! Sorprendeunos moito o seu parecido coa casa de Calamardo de Bob Esponja





Día das bibliotecas

O 24 de outubro celebramos o días das Bibliotecas. A nosa biblio foi invadida por un monstruo que quería destruir todos os libros cunha bomba!! Afortunadamente atopamos todas as pistas que nos deixou para poder desactivala a tempo!


domingo, 22 de octubre de 2023

Merendola chilena

Despois de bastante tempo, xa estamos de volta viaxando polo mundo! O ano pasado coñecimos Canadá, Estados Unidos e México. Este trimestre seguimos con América do Sur, en especial con Chile! Das primeiras cousas que aprendimos foi a gastronomía do país. Puxémonos máns á obra e cociñamos unhas empanadillas de pino típicas chilenas para lamerse os dedos. Botádelle un ollo!

Conto "O koala a quen axudaban"

Como remate da nosa viaxe polo continente de Oceanía, os peques inventaron un conto no que aparecen algunhas das cousas que descubriron del....