Así de ben o pasamos nesta semana de magosto. Disfrutando con xogos tradicionais e comendo todos xuntos/as bolos preñaos, croquetóns e bica!!!
domingo, 12 de noviembre de 2023
miércoles, 1 de noviembre de 2023
viernes, 27 de octubre de 2023
HUMBERSTONE!!!
Benvidos a Humberstone!!!!!!! Despedimos Chile visitando o pobo pantasma e merendando unha xelatina pantasmal!
Xa coñecemos Chile!!!
Estas semanas estivemos aprendendo moitas cousas de Chile!
- A súa comida típica: empanada de pino e chumbeque.
- As cores da súa bandeira.
- Tocamos a zampoña, un dos intrumentos de vento máis típicos da zona.
- Viaxamos ata a illa de Pascua para coñecer os moáis! Sorprendeunos moito o seu parecido coa casa de Calamardo de Bob Esponja
Día das bibliotecas
O 24 de outubro celebramos o días das Bibliotecas. A nosa biblio foi invadida por un monstruo que quería destruir todos os libros cunha bomba!! Afortunadamente atopamos todas as pistas que nos deixou para poder desactivala a tempo!
domingo, 22 de octubre de 2023
Merendola chilena
Despois de bastante tempo, xa estamos de volta viaxando polo mundo! O ano pasado coñecimos Canadá, Estados Unidos e México. Este trimestre seguimos con América do Sur, en especial con Chile! Das primeiras cousas que aprendimos foi a gastronomía do país. Puxémonos máns á obra e cociñamos unhas empanadillas de pino típicas chilenas para lamerse os dedos. Botádelle un ollo!
jueves, 21 de septiembre de 2023
XA ESTAMOS DE VOLTA!!
Boas tardes, xa estamos de volta!! Nestes primeiros días celebramos tres aniversarios e pintamos un mural con uvas! Botádelle un ollo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Rematamos Galicia coñecendo o desembarco vikingo de Catoira! Visitando as preciosas illas Cies e por suposto merendando pan (denominación d...
-
Damos por rematado a nosa viaxe por Galicia percorrendo unha pequena etapa do Camiño De Santiago. Cruzamos o Miño e empezamos o noso día en...








